As Lembranzas
Somos Merchi, Vanesa e Sabela, tres voces, tres maneiras de sentir a música e unha mesma raíz.
En As Lembranzas levamos connosco a memoria da música galega, pero tamén as ganas de transformala. Mesturamos tradición con ska, reggae e rock porque cremos que o noso patrimonio tamén pode soar ao presente.
Cantamos para emocionar, para facer festa e para que cada persoa que nos acompaña nos concertos marche cun sorriso, cunha canción na cabeza e coa sensación de formar parte desta viaxe.
A nosa música

Merchan artesanal
As Lembranzas tamén ofrecen merchan artesanal creado con agarimo, no que cada peza é unha lembranza da súa música e identidade. Unha forma única de levar un anaco da súa esencia..
Obradoiros e formación
Máis alá da escena, «As Lembranzas» imparten masterclass de técnica vocal e respiración para o canto lírico, adaptadas tamén a persoas con problemas de voz.
Realizan obradoiros de percusión e canto tradicional, unha formación vibrante para festivais, centros culturais ou proxectos educativos singulares.
Interritmos Sons Do Rural 2023
No ano 2023 fomos gañadoras do Interritmos Sons do Rural. Grazas a este recoñecemento gravamos en Estudios Mans o videoclip de Muiñeira do Toxo.
Posteriormente fomos descubertas pola Fundación Paideia e entramos a formar parte do seu programa Sonidos Emergentes a nivel nacional. Esta oportunidade permitiunos asistir á semana de formación Á viaxe do artista na casa de Toledo (Entre dos aguas) da Fundación Paco de Lucía e participar en dúas ocasións no Festival da Luz de Boimorto.
Grazas a todas estas sinerxias creadas nacen as colaboración con Habló Pablo dos temas Jerga Gallega e A Miña Burriña da man do premiado productor Juan de Dios Martín.